Thursday 02 de May de 2024

O programa municipal “As mulleres nas artes” trae a Neda o espectáculo musical “O Candil”


Terá lugar este venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura

O Concello de Neda conmemorará con esta peza teatral o Día da Muller

O Concello de Neda conmemorará o Día Internacional da Muller co espectáculo musical “O Candil”, da Escola Galega de Teatro Musical.

Unha función incluída no programa “As mulleres nas artes” programada para este venres 10 de marzo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura. As entradas están á venda na Biblioteca, en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas, ao prezo único de 2 euros. Tamén poden reservarse chamando ao número 981 39 02 33 neses mesmos horarios.

Dirixida por Rosa Puga e interpretada por Sara Fandiño, Lucía Sá, Iria Lamas, KlausMartínez e Lucas López, “O Candil” é unha comedia musical interactiva, baseadanas historias do noso cancioneiro. Nela, os conflitos morais, políticos, ideolóxicos erelixiosos, revolucionan Europa tras o fin da Gran Guerra, e condicionan a vida dastres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscarun lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.

Neste atrevido novembro de 1919, os espectadores poderán acudir á festaclandestina organizada pola Lavandeira, cupletista de pouca fama, encargada do coidado do Pavillón Lino. Todos pertencen á Irmandade Coruñesa, que celebra o seu éxito de afiliación, e todos veranse na obriga de participar do humor do espectáculo: cantando, bailando e desempeñando as distintas tarefas que a mestra de cerimonias lles encomende.

A función chega a Neda da man da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.